martes, 12 de xullo de 2011

OS INDIGNADOS E OS INSACIABLES

É vergoñoso que os responsables da gobernanza europea neguen o pan e o sal ao pobo, abandonando en mans das inmorais axencias de valoración da débeda soberana. Nin máis nin menos, que aos Estados da Unión Europea. Os Gobernos miran cara a outro lado, mentres os insaciables especuladores sacan pingües beneficios da crise, que eles mesmos crearon. Son verdearos crimes incruentos contra a humanidade. Os culpables son a recalcitrante dereita europea e o seu delituoso compañeiro de viaxe, o capital financeiro. Ademais, eles saben que este círculo vicioso, que alimenta a súa perversión, non ten fin. Os países intervidos arrastrarán aos demais a situacións dramáticas, e as economías que empecen a crecer o lastre do resto non lles permitirá avanzar, creándose desigualdades insalvables.
O discurso de todos os responsables das institucións europeas está baleiro de contido, e todos adoran ao becerro de ouro, é dicir, os insaciables mercados financeiros. Mantidos polo neoliberalismo que lles acompaña. Os indignados somos máis que os insaciables. E comezamos por evitar os desafiuzamentos, e debemos de seguir. En España, o candidato Alfredo ten que desligarse do talante conciliador de Zapatero para capitanear un golpe de temón progresista. Entre a opción da UE e a alternativa de Islandia, é urxente articular a iniciativa española. O Movemento 15-M: democracia real ¡xa!... P.T.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.