Sen dúbida todos podemos facer algo para coidar o medio ambiente. Fai escasas datas celebramos o día dos océanos para sensibilizar da necesidade de prestar atención aos mares e atopámonos con noticias lamentables como que o sábado, en dúas horas, un grupo de submarinistas recolleron máis de vinte toneladas de residuos da dársena portuaria do primeiro porto de pesca de baixura de España.
O peor de todo é que a maior parte deses residuos son ocasionados pola acción do home. A estas alturas xa ningunha persoa pode alegar descoñecemento sobre os danos irreparables que ocasiona ao medio ambiente calquera tipo de desperdicio, no entanto, algúns terroristas ecolóxicos, vanglórianse de pensar que o mar é unha parte do seu patrimonio e poden facer o que lles vén en gaña.
A maioría destes irresponsables son logo os primeiros en queixarse da contaminación, da escaseza de capturas, da sucidade das augas, da abundancia de especies depredadoras que arrasan co marisco que lles serve de sustento sen ser conscientes de que son eles os que axudan a que se produzan estas situacións que prexudican a todas as persoas que vivimos nas zonas marítimas.
Sería necesario unha maior concienciación das xentes do sector pesqueiro e un maior control, por parte das autoridades competentes, para que se abran expedientes e impóñanlles sancións económicas importantes que, á fin e ao cabo, é do único que entenden e dóelles a estes grupos de irresponsables.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.