sábado, 16 de xullo de 2011

SE O SEI NON VEÑO

Observo o panorama e atópome na lista europea dos pobres vergonzantes; que dona Xunta recorta as axudas sociais e reduce gastos na educación...
Cóntollo: Madrid, Valencia e Galicia (autonomías rexidas polo PP) meten a tesoira en educación e servizos sociais; aquí, ademais, dan un "bocao" á Rede Natura onde todo o monte e o mar será orégano, ou sexa un "sitio" para colocar casas, empresas, etc.
Desde Europa recórdannos que aínda que non somos "pobres de pedir" -grazas ao diñeiro que "regaron"- estamos aínda en etapa de transición, ou sexa quedamos en "pobres vergonzantes, e xa que logo seguirán dándonos esmola"...
E aquí téñennos transitando, mentres podemos presumir de ter ao alcalde que máis cobra e a un paso do Gaias, o que menos paga... a Facenda, pois a don Gerardo Conde Roa notificáronlle 18 embargos pois a súa promotora ten pufos. O alcalde de Compostela, púxose un soldo "decoroso", que pode aumentar segundo o número de obras que programe o Doncela a que a ¿política é un choio?
O da pasta gansa que leva o alcalde cada mes, ao meu paréceme natural. Se desde fai anos ten uns ingresos potentes, pois leva máis de media vida na política (recordámoslle todos como xefe dos portos na época de Crespo, Feijóo, Fraga, etc.) e non se trata, agora, de perder cartos. Un servidor -como fan outros malintencionados- non compara a paga devandita coa de "ou noso Presidente", senón que lle pide que se gañe o xornal demostrando eficiencia e eficacia ao servizo dos veciños.
Quedamos á espera repasando as súas promesas electorais. Mágoa que non nos queiran tanto como se queren a se mesmo...J.M.V

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.