mércores, 10 de agosto de 2011

OBEDIENCIA DEBIDA

Cando votamos aos que nos teñen que representar nos parlamentos, que serán quen terán o poder de facernos obedecer as decisións que as súas señorías tomen para organizar ben o país, que traballa para que os medios cheguen e tradúzanse en realizacións que beneficien a todos, non votamos os soldos, nin gastos, nin privilexios como son viaxar en primeira e procurarse unhas pensións vitalicias de moita contía. Porque todos sabemos que cando hai vacas fracas, como agora é o caso, causa moito bochorno comprobar o nulo exemplo e a falta de ética que dan, cando eles mesmos, os eurodiputados, gozan ostentosamente dunhas vantaxes económicas ás que non queren renunciar, pero iso si, piden perdón e seguen abusando delas porque pola súa categoría ou clase cren merecelas a pesar da crise, aínda que os que lles habemos de obedecer esteamos a un abismo de distancia da súa privilexiada situación e teñamos que acatar, a pesar noso, os seus duros recortes sociais e económicos.
É por iso polo que apelo ao sentido común e á vergoña cívica de quen teñen a obrigación de ser modélicos, para que tamén se axusten o cinto e recorten, como todos facemos, o seu opulenta calidade de vida. Recomendo, ante a súa probable negativa, que alguén co poder e sensibilidade suficientes rectifique este "desfasamento contable" que deixa moito que desexar, se é que queren que lles obedezamos tan fielmente como nos esixen.

1 comentario:

  1. ¿Que esperaban? Primero los políticos, los bancos, los ricachones de cuna, las empresas y de nuevo los políticos, asi ha sido desde siempre.
    La mayor crisis financiera de nuestra historia la protagonizaron estos ridículos politiquillos, el reventon de esa burbuja que nos hizo ricos por un dia a todos, nos dejó con el culo al aire.
    No existe en este país, una oposicion, no tiene nombre pero si apellido "ladrones".
    Lo único que nos dan los políticoses, paro, mas paro y soledad total.
    Ahora es el momento de frenar lo que se nos viene encima, estamos a tiempo, luego sera tarde y...
    El progreso, las reformas pendientes y pensar algo en el de abajo, estan en su mano. Otros nunca lo haran.
    No es la mejor opcion pero si la necesaria para reflotar, sin duda. Cada cual, que decida.
    Ni Dios, por mucho que venga su representante, nos sacara de esto si no es el gobierno de progreso tan denostado. Cada cual, que decida y se aguante despues...

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.