A intención de Zapatero de incluír a lei de teito de gasto público na Constitución, non deixa de ser un golpe constitucional moi sutil por parte das “tenaces-pinzas” do PSOE e PP. Ningunha reforma da Carta Magna debería facerse sen un referendo vinculante. Cousa que se quere facer ás agochadas. Xa está ben de tanto neoliberalismo e de tanto machucar aos cidadáns xustificando que os “mercados” así o deciden.
Cando se chega a o estremo de “chulearnos”, non deixo de indignarme con estes caralláns de “mercados” que están por riba das leis e agora pretendan regular e reformar a nosa Constitución. Manda carallo na Habana con estes capitalistas salvaxes, sendo esta a definición máis correcta que iso de “mercados”; os únicos mercados que coñezo son os dos martes no meu pobo e os dos domingos en Padrón, entre outros.
Temos que darnos conta que esta medida é unha perda de soberanía. Xa está ben de tomarnos o pelo, non somos mercancía nas mans de políticos e banqueiros, estas medidas son antidemocráticas e as ten que decidir o pobo consultándoo, que é o que ostenta a soberanía. Lendo a biografía de Thomas Jefferson, terceiro presidente de EEUU, sorprendeume unha frase que dixo hai mais de 200 anos: “Creo que las instituciones bancarias son mucho más peligrosas para la libertad que los ejércitos. Han creado una aristocracia adinerada que se ha enfrentado al Gobierno. El poder de los bancos debería ser restaurado a la gente a la que pertenece el dinero que aquellos poseen”. Hoxe, Jefferson estaría preso en Guantánamo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.