martes, 25 de outubro de 2011

ESPAÑA Á CABEZA EN IMPOSTOS

En efecto, un liderado pouco digno de aplauso. España atópase á cabeza mundial no cobro de impostos. O tipo medio do IRPF é do 45,8%, case 9 puntos por encima da UE.
Tentaremos explicarnos. España é un dos países cos impostos directos máis altos do mundo. Ademais, nada ao contraxeito en Europa e, a diferenza dos seus socios, a maior parte da presión fiscal deriva da imposición directa (IRPF ou Sociedades), mentres que a imposición indirecta perde "protagonismo". E non crean vostedes que escribimos a fume de pallas, xa que o antedito acábao de desvelar un informe de Ernst & Young Avogados, que compara os principais impostos da Unión Europea, Estados Unidos e os países BRIC (Brasil, Rusia, India e China).
O citado informe indica que España se atopa nunha posición "alterada" respecto ao resto dos países, dado que o tipo marxinal medio do IRPF na nosa nación é dun 45,8%, mentres que a media da UE  sitúase no 37%. A maior abundamento, en comparación con Estados Unidos, o tipo máximo español é sete puntos superior e está preto dos 17 puntos por encima da losa países BRIC. Pero é que hai máis: o Imposto de Sociedades en España é un dos máis altos de Europa e, cun tipo do 30%, preséntase como o quinto máis alto da  Unión Europea, só superado por Malta, Francia, Bélxica e Italia.
Iso tradúcese en "unha perda de competitividade das empresas españolas".
Así pois, a citada consultora avoga desta forma por reducir os tipos dos impostos directos, a pesar das dificultades orzamentarias actuais, dado que observa "moito mais marxe de manobra" para elevar a tributación do IVE, así como os tributos especiais e ambientais.
O informe vai máis lonxe e sinala ademais que o imposto de Patrimonio, reactivado recentemente polo Goberno Español, supón un "paso atrás claramente residual".
Respecto ao Imposto de Sucesións e Doazóns, España sitúase como o país co cuarto tipo máis alto: case o 35%.
Até aquí, o informe ianqui. Vostedes xulgarán se no mesmo cabe algo de esaxeración ou, pola contra, aférrase a unha triste e contrastable realidade...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.