luns, 28 de novembro de 2011

ESTADOS UNIDOS DE EUROPA


A riqueza que Europa xerou, nos últimos tempos, permite a moitos dos seus cidadáns gozar dunha sanidade, unha educación e unha asistencia social de calidade.
No entanto, paradoxalmente, a pobreza e a exclusión social afectan a unha de cada sete persoas a pesar de que os países da UE comprometéronse a sacar polo menos a uns 20 millóns de persoas dunha posible situación de pobreza e exclusión social de aquí ao 2020.
Transcorreron máis de 50 anos de paz e prosperidade asentadas na cooperación e a solidariedade grazas a unha Europa unida con promesas de expansión económica e dun maior benestar social para a poboación. Por iso os Estados Unidos de Europa teñen que seguir sendo unha realidade, cada vez máis consolidada, na que todo o mundo poida vivir con dignidade.
Os últimos acontecementos de crise económica e política que está padecendo toda a Unión Europea, en xeral, e dalgúns países, en particular, ábrenos a porta dun futuro prometedor se os cidadáns somos conscientes da necesaria participación activa para continuar coa construción europea de xeito solidario (todos na mesma dirección e coa mesma velocidade).
Para iso é necesario contar cun maior poder de decisión a nivel internacional e o compromiso unánime de todos os países en manter o estado de benestar conseguido ao longo destas décadas... J.M.P.

1 comentario:

  1. Europa no puede seguir en manos de los Durau Barroso y los Almunia de turno.

    Lo peorcito de cada país.

    Otra cosa: En los estados unidos de Europa, ¿Que pintan las viejas y caducas monarquias?

    Pero con CHORIZOS y CACIQUES al frente de la Unión, poco podremos avanzar.

    Salud y República

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.