xoves, 17 de novembro de 2011

O DÉFICIT AUTONÓMICO

Os eternos agoreiros do Madrid mediático e político (eses aos que tan ben define Suso de Toro dicindo que desenvolven un xogo de caloteiros con cartas marcadas) andan a dicir que o Estado foi quén a reducir o défict, mais o problema sería  que as autonomías non son quen a controlar os seus números. Da suposta  constatación dese feito tiran a conclusión de que compre unha fonda recentralización do Estado para  reducir o gasto público autonómico e indirectamente o autogoberno das nacións e rexións españolas.
O que non din estes caloteiros é que son as Administracións autonómicas as que prestan os servizos públicos esenciais na nosa sociedade: a sanidade, a educación en todos os seus níveis, os servizos sociais aos dependentes, terceira idade, menores e excluídos sociais ou en risco de exclusión, a formación, case todo o gasto en xustiza ou as infraestruturas interiores. E, mesmo na época expansiva, os Gobernos territoriais de réxime financeiro común (todas agás Euskadi e Navarra, que recadan os seus impostos) estaban sempre mal financiados e xeraban déficit.Velaí os números actuais, tendo en conta a recesión e a febleza do sistema de financiamento de saída.
Porque, nun Estado tan descentralizado no gasto como o noso, o Goberno do Estado retiña o ingreso centralizado con importantes fondos que non eran precisos para os  servizos que prestaba. ¿Que servizos segue a prestar o Estado? Os servizos de policía (que mellor estarían transferidos), o gasto militar (de dimensións irresponsábeis e que compre reducir no horizonte dun Exército europeo), as infraestruturas supraautonómicas, o servizo exterior e as pensións (malia que en orzamento á parte).
Velaí o cerne da ofensiva destes caloteiros: queren recentralizar para empobrecer ás periferias. E queren recentralizar para suprimir ou reducir os principais servizos públicos: a sanidade, a educación e os servizos sociais. Cando lles falen do déficit autonómico desconfíen. E pensen que compre menos gasto militar e máis gasto social. Dende instancias europeas ou internacionais que ninguén elixiu ditouse a morte civil de Papandreu e a destitución de Berlusconi. O perigo desta revolución dos ricos é que comeza descoñecer, mesmo formalmente, o resultado da escolla popular cando os elixidos non poden ou queren xestionar ao cento por cento os  mandatos destes poderes fáctico-financeiros. Malia que a demisión de Berlusconi sexa, obviamente, unha boa nova.

1 comentario:

  1. PEGO DANDO EL PEGO

    Y dice que va a cantar ante el fiscal anticorupción...

    ¿Dara nombres y devolvera la pasta?

    ¿Honor? Que honor? A ver si se cree que sigue al frente de la CUEVA DE ALI BABA.

    Menuda caradura el elemento, pues a ver si tiene miolos y dice quien formaba parte de la banda de reparto de créditos a bajo coste, NOMBRES, queremos nombres del CLAN deL "goloso" Gayoso y la tropa de políticos y las deudas de los partidos políticos. Déjese de llorar y suelte la lengua y la pasta.

    Que para EMBARGAR el piso de cientos de vigueses por no pagar la última letra, carecía usted y los miembros del CLAN de honor y sobre todo de dignidad.

    Vamos a ver si el señor fiscal jefe de Vigo, se “moja” o va “pasar” como el caso de la PINACOTECA de SantiDo BNG

    ¡¡Que asco, en que manos estamos!!


    VOTA EN BLANCO (Sobre vacío)

    (LA CORRUPCIÓN QUE NOS INVADE)
    http://httpvoltairevigoblogspotcom.blogspot.com

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.