Mentres os líderes europeos apropiábanse das palabras de Churchil "sangue, sudór e bágoas" para salvar a crise do euro en aposta clara pola austeridade e o rigor orzamentario, na Europa dos cidadáns botábase de menos que no cume non se falase de estímulos ao crecemento e ao fomento do emprego, nin dun apoio claro aos países en dificultades, máis en liña coa Europa solidaria e social da "liberdade, igualdade e fraternidade" da Revolución francesa.
Esta outra Europa estao pasando francamente mal e sabémolo ben en Galicia que arroxa datos arrepiante. En máis de 61.000 fogares xa non entra nin un euro; 60.000 galegos son parados de longa duración e máis de cen mil desempregados do cuarto de millón rexistrado nas oficinas de emprego esgotaron toda clase de subsidios e axudas. Moitos foron expulsados definitivamente do mercado laboral e están ao bordo da desesperación e en risco de exclusión social.
A pesar destes datos, o goberno galego segue fiel á ortodoxia europea da austeridade e o equilibrio orzamentario aplicando unha política de axustes e recortes que poida que reduza o déficit e acougue aos mercados, pero xera outros problemas nun círculo infernal e perverso.
Cortar o gasto público produtivo e recortar emprego e salarios paraliza a economía, destrúe postos de traballo e afoga a familias e empresas. ¿Non sería máis rendible para o país empregar máis recursos en fomentar o emprego que en subvencionar o paro? Este é o problema que máis preocupa aos cidadáns e para facerlle fronte é necesario que a economía creza.
Os recortes do sector público non resolven, di a voz autorizada de Joseph Stiglitz, sinxelamente empuxan ás economías cara a recesións máis profundas e os líderes europeos sábeno. "Saben que é necesario o crecemento, pero no canto de ocuparse dos problemas actuais e atopar unha fórmula para fomentalo, prefiren sermonear sobre o que debería facer algún Goberno anterior".
"Gastan moito en austeridade", di con moita ironía un personaxe nunha viñeta de López Rico. O culto a tanta austeridade pode acabar como o conto do burro que o xitano estaba ensinando a vivir sen comer e cando case aprendera, morreu. Cabe a posibilidade de que Galicia gañe o campionato da austeridade, pero á hora de recoller o premio podemos atopar á economía agonizando ou morta. Como o burro do xitano.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.