sábado, 24 de decembro de 2011

PEDIR PRÉSTAMOS OU SUBIR IMPOSTOS


Que se saiba ata agora só hai dúas fórmulas para cubrir as necesidades dos Estados, para atender os servizos sociais, para manter a cohesión social: ou se recada vía impostos ou se pide diñeiro prestado. A primeira delas fai anos que caeu en desgraza e o pensamento socialdemócrata non puido ou sabido contrarrestar a abafadora presión dos conservadores, de maneira que calou na sociedade a idea de que os impostos non valen para nada.

Pois ben, se os Estados non conseguen recadar o suficiente para soster os servizos, non queda outra que pedir diñeiro prestado. Como isto último é fácil, non ten custo electoral e non se precisan explicacións, case todos acudiron ansiosos a este procedemento, orillando a fiscalidade. Agora ben, debemos coñecer que esta fórmula non é nin moito menos inocua: hai que devolver o prestado e hai que retribuir o capital con intereses. É dicir, máis débeda pública e máis déficit.

Ademais, se ingresamos levemente no terreo moral pódese concluír que o recurso á débeda é tamén unha covardía posto que os vencimientos permiten trasladar a futuras xeracións os pagos mentres os beneficios recóllense polas actuais.

Os odiados impostos, pola contra, teñen un respaldo enorme de xustiza, de inmediatez, de claridade. Páganos os mesmos que reciben os beneficios e os servizos, non os que veñen detrás.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.