luns, 19 de decembro de 2011

XUBILEO SINDICAL


¡Manda chover na Habana!: para a burocracia sindical non existiu a crise. Co Goberno socialista viviron unha especie de paraíso permanente. Sen xogar, tocoulles o gordo, UXT e CCOO recibiron máis de mil millóns de euros en subvencións desde 2008.
Xa se di que Cándido Méndez e Fernández Toxo exerceron de padriños nun matrimonio de conveniencia con cargo á ruína dos demais: 5 millóns de parados. Do asunto dixo Martín Prieto: dos 600 asesores de Zapatero, son lexión os que tiñan a Cándido por ministro de Economía "in péctore". Non colaborará con Rajoy e conta as horas para quentar a rúa.
Moitas partidas a favor dos sindicatos non só non se recortaron, senón que se incrementaron a pesar da crise. As axudas ían desde a Memoria Histórica ata a promoción cultural. Ademais das subvencións de diferentes ministerios e administracións, os sindicatos viñéronse beneficiando de exencións e bonificacións fiscais, gozando dos inmobles da Administración gratuitamente e as súas cotas non poden ser embargadas. Así unha folga en oito anos ante unha situación económica insostible e unha taxa de paro que crecía por horas: é o único que fixeron UXT e CCOO mentres seguían recibindo fondos.
O Goberno de Zapatero subvencionou aos sindicatos cun 40% máis que o de Aznar. Deulles os 1.000 millóns de marras, mentres conxelou as pensións para aforrar 1.500. Cada vez máis españois reclaman que as centrais sindicais sexan capaces de autofinanciarse coas cotas. A verdade é que USO vive moi dignamente dos seus afiliados. Como xa dixo Carmen Gurruchaga, mentres as dúas grandes centrais sindicais vivan, bastante ben por certo, do diñeiro que lles dá o Executivo, dificilmente actuarán na súa contra porque deben ter máis interese en "coidar" ao goberno que aos traballadores.
En cambio, se son os afiliados quen coas súas cotizacións manteñen o sindicato, haberá máis e mellor control porque os traballadores preocuparanse de que os mandos sindicais cumpran co seu deber e non se cometerán as arbitrariedades e corruptelas que leva a subvención pública. Parte do pastel dedicouse a temas tan interesentes como, por exemplo, "Arquivo oral do sindicalismo socialista" ou un seminario sobre "Correos na España de Franco"
Termino cun detalle sintomático: como en 2010 Zapatero non acudiu a inaugurar o curso político cos sindicatos en Rodiezmo (León), estes convocaron unha folga. Así paga o diaño a quen lle serve...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.