martes, 24 de xaneiro de 2012

CRISE, PICARESCA, ESPECULACIÓN...

Mentres os diferentes responsables políticos, sindicais, empresariais e financeiros discuten por impor as súas teorías para atopar unha saída ao longo túnel da crise, son miles as familias humildes que malviven na economía mergullada e coas escasas axudas públicas. Algunhas empresas permítense a licenza de pór encima da mesa de negociación a posibilidade da redución salarial e a rebaixa de categorías profesionais así como a supresión de quendas de traballo baixo ameaza de presentar expedientes de regulación de emprego.
Algúns traballadores apenas teñen tempo a dixerir a perda de emprego para engrosar as listas do paro e engancharse á economía mergullada para poder facer fronte á hipoteca, ao colexio dos fillos e o tomarse un café cos amigos de cando en vez. A emigración volve ser unha válvula de escape para moitos cidadáns, pero ao mesmo tempo un castigo para un país que deixa escapar a millóns de mozos profesionalmente cualificados.
En España a picaresca e a especulación son armas moi utilizadas por algúns personaxes sen escrúpulos máis preocupados do seu patrimonio persoal que do benestar xeral. Así o estado de benestar tocaralle esperar novos tempos xa que os próximos anos, tanto España como o resto de Europa, formasen parte dun gran laboratorio de probas para os tecnócratas, políticos e financeiros que xogasen a experimentar e pór en práctica novas teorías económicas, sen importarlles demasiado as consecuencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.