É hora de chamar ás cousas polo seu nome. Empezamos o ano cunha rebaixa nas rendas por traballo que poden chegar para algúns ata o 9% no peor dos casos tendo en conta a inflación. Enganáronnos, e ben que o fixeron, porque sempre gravar aos que vivimos dunha renda salarial foi a fórmula fácil polos séculos dos séculos, ¡que imaxinación! O que sempre paga e de cando en cando defrauda porque nos teñen ben colleitos. E intentan disfrazalo de "imposto solidario". Non. Sería solidario que pagasen aqueles que nos levaron a esta situación, entre eles todas esas autonomías despilfarradoras: pidan contas de todas esas estradas e aeroportos que non se utilizan e pregunten vostedes onde está ese diñeiro. Ou ¿onde foi a parar esa inxección de diñeiro do Banco Central Europeo que se tiña que traducir en créditos para empresas e familias? ¿Por que razón non se lles pide contas ás entidades financeiras?- P.C.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.