O decreto-lei que incluirá axudas públicas para as entidades financeiras pero só as recibirán os bancos ou caixas que se fusionen
Haberá axudas públicas para que as entidades financeiras poidan sanearse. Pero só poderán recibilas as caixas ou bancos que se fusionen. Nese caso, o Estado comprará a esas entidades activos, por exemplo, hipotecas ou inmobles, a través do FROB, o chamado fondo de rescate. Con ese diñeiro, esas entidades podran cubrir as provisións, o diñeiro que deben pór para compensar a caída do valor dos inmobles que teñen. As entidades que non se fusionen terán que pór por si sólas ese diñeiro.
Ese será un dos mecanismos establecerá o decreto-lei que aprobará este venres o Consello de Ministros, para reformar o sistema financeiro. Con iso, o Goberno trata de conseguir dúas cousas. Primeiro, que as caixas e os bancos queden libres da carga que lles supón ter gran cantidade de inmobles ou hipotecas de dificil cobro e que ademais non valen o diñeiro que se puxo no seu dia. En total, o decreto-lei vai obrigar a bancos e caixas que poñan 50.000 millóns de euros por ese motivo. É case tanto como o que puxeron ata agora as entidades para sanearse desde que comezou a crise.
E en segundo lugar, o Goberno busca con isto que haxa fusións de caixas e bancos para que o número de entidades redúzase case á metade. De 17 actuais a 10.
Estímase que as hipotecas ou inmobles de dificil recuperación polos bancos ou as caixas chega aos 176.000 millóns de euros. A reforma vai á establecer que en conxunto valen ao redor do 60 por cento menos do que estaban valorados.
O diñeiro que porá o Estado non afecta para nada ao deficit, porque o Frob cáptao pedindo préstamos. E recibirá a cambio os intereses dos activos que adquira.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.