martes, 27 de marzo de 2012

CIDADÁN A, B, C, D.


Cidadán tipo A (tamén chamado político): só terá que cotizar 11 anos para recibir o 100% da súa pensión de xubilación, recibirán unha asignación mensual que cubrirá holgadamente os seus gastos de aloxamento, dietas... O seu soldo está blindado e é el quen decide cando subirllo, así que... Cando cidadán "A" deixa unha poltrona (deputado, ministro, alcalde...) adoita ter outra reservada no sector público (embaixador, procurador...) ou no privado (asesor, conselleiro...). Tamén é normal que estes postos sexan concedidos aos seus familiares e amigos ou que el mesmo compatibilice varios ata cobrar 250.000 euros anuais.

Cidadán tipo B (traballador/funcionario): é unha especie en claro risco de extinción. De momento, terá que cotizar 35 anos se quere recibir o 100% da súa pensión de xubilación. Se está 8 días enfermo nun período de dous meses poderá ser despedido, o mesmo que se non acepta unha redución salarial... Doutra banda, está sometido a unha elevada presión fiscal grazas á alza dos impostos xa existentes (IRPF, IVE...) e a aparición de novas taxas (céntimo sanitario, recetazo...).

Cidadán C (parado): é unha especie que creceu de forma exponencial ao agravamento da crise. Mentres siga cobrando a prestación por desemprego poderá ser "obrigado" a realizar traballos para a comunidade. Nalgunhas rexións, chegóuselle a negar o seu dereito a asistencia médica gratuíta.

Cidadán D: é un grupo heteroxéneo. Vai desde mozos altamente cualificados, que ven obrigados a emigrar para exercer a súa profesión de médico, enxeñeiro... a persoas sen teito que son multadas polos Concellos por exercer a mendicidade, "afear" a cidade... ¿Que teñen en común todos eles? non recibir ingresos de forma regular.

¿Fragmento dunha novela de George Orwell? Non, España ano 2012.  E.V.H. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.