venres, 16 de marzo de 2012

A ENÉSIMA DE RAJOY

Continuando cos seus eslóganes baleiros e cargado de razón oio na radio dicir a Rajoy algo parecido a; comprender que se queremos que a xente entenda os sacrificios que teñen que facer, temos que dar exemplo. A continuación pensei; vanse a rebaixar os salarios todos os cargos políticos. Van prescindir de todos os privilexios que teñen e que custan tanto diñeiro ás arcas públicas. Despedirán aos seus miles de cargos de confianza tan custosos para o país e inútiles. Pero non, a frase tiña outra interpretación, Rajoy dirixíase aos presidentes autonómicos aos que pedía dese xeito o sacrificio de rebaixar o déficit ao 1,5 % nas súas comunidades. Coma se as autonomías fosen da súa propiedade e cos recortes nunha comunidade autónoma sacrificanse eles e non a poboación. Ou que aos pagáns de sempre gústenos máis que recórtennos desde a autonomía.
Decátate Rajoy; os que sufrimos os recortes somos os traballadores non os políticos, pois estes non quedan sen cobrar e seguen gañando o mesmo tendo os mesmos privilexios. Unha vez máis a utilización "errónea" da mensaxe, que ao dicilo como sentenza e repetido ata a saciedade polos medios de comunicación, a xente pode entender que realmente están facendo sacrificios. Malintencionado?  R.M.M.

2 comentarios:

  1. Me alegro un montón al ver nuevamente vuestro blog, para mi es muy interesante y lo sigo con frecuencia, practicamente todos los dias.
    Comprobando en la red, creo que no existe ningún blog, que sea única y exclusivamte de un tema en concreto LA CORRUPCIÓN URBANISTICA.
    Con respecto al Plan General de Vigo, estoy totalmente de acuerdo con vosotros y veo que hai un gran trabajo realizado -informes, datos y otros- y por supuesto, mi más sincera felicitación por el trabajo que estáis haciendo, que de verdad no es nada fácil.
    NUEVAMENTE MI MÁS SINCERA FELICITACIÓN Y DAROS MUCHO ÁNIMO.

    SEGUIR PUBLICANDO NOTICIAS EN VUESTRO Y MIO BLOG DE ALTERNATIVA VECIÑAL.

    Un saludo y adelante

    ResponderEliminar
  2. ¿No será que todos entendimos mal a Mariano Rajoy y al PP?
    Es hora ya de que pasemos de las manifestaciones a otra cosa, no se bien lo que hay que hacer, pero ya esta bien de aguantar recortes de todo tipo para el pueblo mientras los políticos tienen unos sueldos con paracaídas, se cargan a los jueces no corruptos y se hacen con un botín de millones robando a nuestro país.
    Es hora de luchar, con uñas y dientes por lo que tanto trabajo les costó ganar a nuestros antepasados y que nos están quitando delante de nuestras narices.
    Hay mas partidos que el PSOE y el PP, y la monarquia ya está de mas en España..estamos en crisis y no les podemos mantener.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.