mércores, 9 de maio de 2012

IGUALDADE E PROGRESIVIDADE

O IRPF debería chamarse imposto sobre a renda das persoas físicas obtido polas clases medias, e especialmente polos asalariados. Dicir que o IRPF grava as rendas de todas as persoas físicas é simplemente un dogma de fe.
España é un país sen ricos se atendemos ás estatísticas tributarias. En 2009, 6.829 contribuíntes declararon rendementos e imputacións por un valor superior aos 601.000 euros. Con todo, se consideramos que en España hai aproximadamente 143.000 persoas que aparecen nun estudo sobre a riqueza no mundo, está claro que a maioría de grandes fortunas tributa por outras vías. Eses grandes contribuíntes achegan só o 0,05 % sobre o total recadado polo IRPF, que obtén a maioría dos seus ingresos polo tramo de rendas que vai dos 12.000 aos 30.000 euros e que achegan o 57,14% ao total do imposto.
Se o IRPF é o imposto que maiores ingresos deixará ao Estado -o 34% dos ingresos fronte ao 9,2% de sociedades segundo os Orzamentos Xerais do Estado deste ano-, pregúntome: ¿non podemos esixir que, en lugar de recortes ao Estado social, quen máis capacidade económica teña contribúa máis segundo o principio constitucional de igualdade e progresividade?- V.M.T.

1 comentario:

  1. EFECTIVAMENTE

    Simplemente vergonzoso y repugnante... entre que los que más tienen pagan porcentualmente menos impuestos que las rentas media, el enorme fraude fiscal y los sucios trucos "legales" como las Sicav, tendremos el estado del bienestar que los gobernantes quieran que tengamos cuando realmente se podría evitar todo esto y tener una Sanidad y Educación pública de calidad, unas pensiones decentes y gran cantidad de becas para estudiantes... pero no, parece que nos quieren devolver a la ley de la selva, al Siglo XVIII y tirar por la borda los avances sociales conseguidos durante los 2 últimos siglos.

    Que sigan apretando la tuerca... algún día conseguirán que todo estalle.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.