sábado, 5 de maio de 2012

UNHA CASTA MIMADA

A verdade é que cada vez quedan menos motivos e menos posibles para ir celebrar a un restaurante. Pero o peor vén ao final, cando a familia de á beira, ata entón tan parecida á túa, vai e pide unha factura. ¡Vaia sorte, teñen un CIF! E polo tanto un 30% de desconto e menos o IVE. Logo sales fora e ves que teñen o coche que o teu nunca poderás permitirche, e que o teñen cun 30% de desconto e menos o IVE, como o gasoil que gastan.
E pensas que en casa, o computador, a tele, os electrodomésticos e ata as camas dos nenos estarán compradas con cargo á empresa polo que rebaixará o 30% de beneficios e deducirase o IVE. E ti estes días vendo que pagas o 24% dos teus ingresos (non dos beneficios).
Crerán vostedes que isto é o peor; pois non: o xefe da miña veciña ademais de ir pola vida tamén pertrechado dun CIF para rebaixar beneficios, outorgouse a si mesmo un salario mínimo, co cal ademais teñen becas os seus fillos, becas que os meus nunca chegarán a ter.
E agora como premio, tamén pagarán os medicamentos máis baratos que os demais.
Que podemos facer con esta casta á que o anterior Goberno xa consentía e os deste pretenden levar aos altares como unha nova relixión: os emprendedores, pobo elixido polo deus do diñeiro; deus que tanto saca, pero que tanto maldí aos empregados por conta allea, verdadeira secuela da sociedade actual, e que pronto estarán en perigo de extinción. A ver quen paga logo os impostos. F.R.M.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.