O actual sistema de saúde pública está sustentado na solidariedade. A Constitución determina que é un dereito de todos os españois e debe de ser a Administración a que debe garantir ese dereito.
Finánciase a través dos impostos (IVE, IRPF, impostos especiais), e provese a través das Comunidades Autónomas. En todos os estudos de sistemas sanitarios recoñécese a nosa organización sanitaria moi equitativa (accesibilidade, non discriminación), e eficiente porque o noso gasto sanitario está dous puntos por baixo que a media da OCDE.
Na actualidade estase cuestionando a viabilidade do modelo, e parece evidente que temos que chegar ao acordo de que cousas débense cubrir desde o público e cales non, porque os recursos son limitados e as demandas infinitas. Pero, existe unha cuestión que é claramente inconstitucional: negar o dereito á asistencia sanitaria pública a algún cidadán.
O Partido Popular está tomando medidas de discriminación da accesibilidade. É coma se non deixásemos ir por unha estrada pública a segun que persoas. O máis grave é que se marxina da asistencia sanitaria ás capas sociais máis desprotexidas, que á súa vez son as que máis problemas de saúde presentan. É o mundo ao revés, no canto de ser solidarios, o PP pretende que a sociedade castigue aos máis necesitados.
A pregunta é: a quen beneficia esta política?, a resposta é fácil: a ninguén. Porque a consecuencia é máis pobreza, máis marxinación e máis desarraigamento social.
O aforro non vén de negar a asistencia a un colectivo, senón de racionalizar as prestacións e aplicar criterios de xestión.- Adolfo Cajal Marza. Medico de Familia

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.