venres, 15 de xuño de 2012

DE MALOS E BOS

Claro que esta non é a Europa que nos gusta, que queremos. Pero é a única que hai e por iso temos que mellorala, non volver a longo prazo noite de pedra...
Nun memorable artigo, tres dos nosos intelectuais máis preclaros advirten do perigo que suporía unha España fora do euro, afastada de Europa. Resúmeno cunha frase que é como unha sentenza: volver á España dos cincuenta.
Claro que esta non é a Europa que queremos, pero é a que temos e polo que tanto loitamos, pois era a lombeirada democrática a un país que, enrocado na súa democracia orgánica, envolvía as súas carencias baixo o slogan de "España é diferente" (Spain is different) repetía aquilo de "que inventen eles" mentres cen familias (hai un libro que as sinala con nomes e apelidos) campaban no que entendían que era a súa leira particular e o botín dos que gañaran unha guerra incivil que nace ¿haberá que repetilo outra vez? dun golpe de estado.
Hai que abandonar o populismo e deixar de acusar a Bruxelas de todos os males, minimizando todo o que supuxo, para ben, a entrada no selecto club.
As receitas para un novo impulso rexenerador pasa, en opinión dos tres catedráticos que asinan o artigo ao que me refiro e do que é debedor este comentario, por "un novo Goberno, con apoio de todos os partidos, composto por políticos e técnicos competentes e intachables que reconstrúan a confianza de investidores estranxeiros, contribuíntes españois e socios europeos".
"Gañada esa confianza hai que expor aos socios europeos a necesidade dunha axuda ao sistema financeiro, lastrado pola burbulla inmobiliaria a cambio dun control dos bancos rescatados e dun sistema regulador común", continúa.
É certo que España necesita a Europa e que a comunidade europea non pode prescindir de España, pero non fagamos trampas no solitario pois, ademais de dar a nota, rebaixamos non só o noso crédito senón que perdemos (aí están as críticas do Banco Central ou de Bruxelas) a confianza que merecemos como país.
Non queremos, non podemos, volver á España dos cincuenta: a dos caciques que, naqueles anos grises como o chumbo, mantiñan unha economía pechada onde imperaba o estraperlo, mandaba a incuria e a intelixencia espantábase a golpes de hisopo. J.M.V.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.