sábado, 28 de xullo de 2012

GROENLANDIA QUEDA SEN XEO SUPERFICIAL

Coa situación de "shock" en que estamos pola economía, este tipo de noticias pasan desapercibidas... pero a súa importancia é enorme.
A cobiza ilimitada e a irresponsabilidade criminal do capitalismo non só levaron a unha crise económica monstruosa, senón a unha deterioración acelerada do planeta cuxas repercusións en sufrimento humano poden ser aínda moito maiores do que vimos ata agora.
Si, refírome ao cambio climático, ese feito xa indiscutible, que Rajoy negaba non hai moito (baseándose nun "primo de zumosol experto" que dicía ter).
É verdade que a Terra sufriu numerosos cambios climáticos debidos a causas naturais, algúns moi catastróficos. Pero a novidade do actual é que a intervención humana o está a acelerar vertixinosamente. Sabemos que o resultado vai ser terrible, pero ninguén renuncia aos seus beneficios a curto prazo para reducir a emisión de gases...
Parece unha actitude suicida, totalmente irracional, pero non o é... Non o é para a minoría de supermillonarios (a grande oligarquía capitalista) que poderán manter algúns "oasis" de terras fértiles, con boas temperaturas e libres da desertización e as inundacións: o resto da humanidade (centos de millóns de persoas) pódense (podémonos) ir á merda e comer uns a outros cando o seu hábitat sexa tragado polas augas, ou se converta nun deserto estéril pola seca perpetua.
Por instinto de supervivencia deberiamos reaccionar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.