Foi algo que tomei na cea ou, como apunta a miña santa, ver na tele a última sesión parlamentaria, pero o caso é que soñei que se discutía a redución, a enfermos, vellos e pobres dos servizos sanitarios. A proposta era, por un lado, o pagamento das medicinas e outros actos médicos... A bancada aplaudía e escoitábanse berros de vale, vale, vale.
De novo o gran xefe anunciaba a rebaixa das prestacións aos traballadores e a redución dos subsidios ao parado. Os aplausos foron estentóreos: ¡Que se fodan, que aprendan!, ¡xa era hora! ¡Que marchen a Laponia! Sabido é, dixo o presidente recordando o gran fundador do partido, que os fillos da xente de dereitas son máis listos e preparados ¡suprimamos as bolsas!, ¡subamos as matrículas! ¡Que toda a educación sexa a cambio de diñeiro, que aínda hai clases! Vale, vale, viva a nai que che pariu, berraban os deputados postos de pé.
E nestas, e cun berro, espertei. Foi, díxenlle á miña compañeira, como unha película de terror... Claro, respondeu, como sobe o cine con isto do IVE todas as películas serán así: en branco e negro e de medo.
Entón acordeime doutra película, "Non haberá paz para os malvados", e dos corruptos, defraudadores, incompetentes e incapaces que levaron ao país ao bordo do abismo, pois a deriva económica non se debe aos funcionarios, senón aos que ocuparon postos e cargos que aparecen directamente relacionados con estafas, fraudes, dilapidacións, desviación de fondos etc.
De esquina a esquina deste doente país encontrámonos, por exemplo, en Valencia, cun alto cargo do PP que quedaba co diñeiro destinado á axuda internacional... Contamos, por ducias, os implicados en Gurtel, Brugal... Y se botamos unha mirada ao mundo das finanzas "atopamos" as desorbitadas e inxustas xubilacións dunha elite, á vez que nos encontramos con miles de concidadáns estafados polas "preferentes", e aí está o Estado, o Goberno, de bombeiro axudando a uns e escondéndose dos outros.
E xa, despertos, enfrontámonos á reforma laboral, ao recorte en educación e sanidade, o empobrecemento da sanidade pública, á mingua de liberdade.
Sabemos os que son e non haberá paz para eles... ata que haxa xustiza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.