domingo, 26 de agosto de 2012

DEFENDER A IGUALDADE DE TODOS ANTE A LEI

Na Idade Media, a relixión estaba no centro do poder, como exemplifican esas enormes e, dende outro punto de vista, admirables catedrais románicas e góticas. O Renacemento parecía ternos ensinado que é o Home, e non Deus, quen ocupa o centro.

O PP volve á Idade Media, esquecendo que a relixión debe ser un asunto privado, polo que os símbolos públicos non deben ser xa partidistas, nin impoñer visións particulares a todos os cidadáns. A laicidade do Estado, e a verdadeira separación a todos os niveis, empezando xa pola retirada de todo tipo de subvencións á igrexa católica, é unha obriga e un deber do goberno, porque é o primeiro que debe defender a igualdade de todos ante a lei.

Como está moi lonxe de ser así, xa sabemos que haberá que esixilo e premer, como noutras cuestións, ata facelo realidade, Hay xa unha especie de "programa electoral" compartido por moitos cidadáns, ao que lle fai falta unha organización electoral de novo cuño que o represente, fortemente baseado na democracia interna no seu funcionamento, e integrador das siglas actuais nun amplo marco establecido polo conxunto desas cousas compartidas, como un novo modelo fiscal fortemente progresivo, a defensa e reforzo do Estado do benestar, o afondamento da participación democrática (referenda para todo o importante), a substitución da lei electoral actual por outra que sexa xusta,... e a laicidade do Estado para todos os efectos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.