domingo, 19 de agosto de 2012

É O QUE MERECEMOS?

Se merecemos isto, está en acerto Antonio Elorza cando afirma que "terá razón a deputada Fabra co seu insulto se, fodidos como estamos, non esiximos responsabilidades..." Merecemos esta panda que mentres nos arruínan, engordan as súas contas correntes...?
Aí varios exemplos que divulgan miles de indignados a través de Internet, e que retratan a paisaxe deste país. O Concello de Madrid (PP) aluga un edificio, destinado ao pagamento de multas, por tres millóns de euros mentres mantén dous pisos baleiros... O edificio é propiedade do marido de Esperanza Aguirre quen, por certo, conseguiu "choio" para a súa irmá como conselleira de prensa no distrito de Hortaleza cun xeneroso soldo de 46.625 euros... En Madrid, o concello que preside Ana Botella, ten tres pisos baleiros...
Merecemos que a deputada Elvira Rodríguez, exministra con Aznar, propietaria de cinco pisos en Madrid, onde reside, cobre 1.800 euros por "desplazamentos"…
É o mesmo caso da ministra Fátima Bañez, que ten seis pisos na capital e tamén cobra a "prima" de desprazamento. O mesmo fai a superfamosa rubia do "que se fodan", afincada en Madrid co seu marido, que ademais do xeneroso soldo de parlamentaria figura na súa nómina a nada desprezable cantidade de 1.800 euros por "desprazamentos" pois di vivir en Valencia. Merecemos isto...?
Aviados estamos se o aguantamos e non esiximos responsabilidades. E aquí, a seiscentos quilómetros, a ministra zamorano-pontevedresa vai eliminar mais da metade da rede ferroviaria de media distancia deixando sen servizo unha boa parte da poboación entre Ferrol e Ribadeo...
Razóns...? Baixa a afluencia de pasaxeiros. Seguindo ese razoamento, pronto oiremos que, ao confirmar as enquisas que cada vez é menor o número de practicantes, rebaixan a subvención á igrexa e que, ao baixar o número de traballadores, recortan a axuda aos empresarios...
Merecemos que todo o mundo meta a man na caixa do pan mentres a nós nos dan de "yoyas"? E remato cun chiste de Forges: Non hai unha proba olímpica de corruptos?, pregunta ela fronte ao televisor. Non, respóndelle o seu compañeiro atento á retransmisión televisiva...
Pena de tres medallas seguras, afirma ela. Que tropa...
Pois loitamos ou auga... e allo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.