É o que pasa coa nosa linguaxe tan rica: retórica é a arte do ben dicir e ademais, en sentido despectivo é "artificio, rebuscamento...". Esto vén a conto pois os nosos políticos, e por extensión os seus bufóns de cota, usan da retórica para falarnos do risco da prima, dos abusos cometidos coa coartada das "preferentes" ou o esaxerado uso, impúdico diriamos, dos recortes que deixan á cidadanía máis débil...
Así á explicación cada día máis forzada de "a herdanza recibida", outros colocan ao seu antollo o calendario para falarnos dos antecedentes que, por desgracia, nos levaron onde estamos: ao bordo do abismo...
Así para un fino articulista que xa tivo un sitio na esquerda e agora viste a camisola do PP isto que nos pasa vén "dos que viviron unha nova idade de ouro, polo que dispararon o emprego e o gasto público, deixando correr o ladrillo.... "
Moi bo o seu, don pero ¿Quen decretou que todo o monte -e o campo, e a praia, alí onde houbese un oco - era apto para o ladrillo...?
Xactamente, que diría Forges: o señor Aznar apostando, como xa fixese o innombrable, polo sol que atraía os turistas, logo "viu" Sofico que nos deixou estafadores, traficantes, corruptos...
Con Aznar, e como cómplice necesario Álvarez Cascos, numerosos alcaldes e espelidos construtores.
Así estamos, retóricas á parte...
Non lle pode estrañar a ninguén, pois, a xente cabreada, decepcionada e empobrecida, saia á rúa a protestar e algunha que outra reprimenda se monte, como non...
E se queren quilo e medio máis de memoria histórica, mediten sobre o escrito por Suso del Toro que engade outro dato irrefutable para entender o que está a pasar: chégase do franquismo á transición que supuxo "aceptar as condicións e límites impostos pola dereita e que agora, co poder -dende o Parlamento ata o Consello Xeral de Contas, pasando por RTVE- volveron saltar todos os diques e de aí o regreso ao século pasado na Lei de Interrupción do Embarazo; a amnistía aos mais ricos, o cambio na educación, ademais de empobrecela e o corte de mangas á Lei da Memoria Histórica, que os tiña histéricos...
Isto é o que está a pasar, retóricas á parte.
Está a pasar o goberno de Rajoy...

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.