xoves, 16 de agosto de 2012

ZAPATERO ENGAÑOUNOS

Segundo recoñeceu o Valedor do pobo Europeo, Nikiforos Diamandouros, o Banco Central Europeo (BCE) non pediu por escrito a Rodríguez Zapatero que modificase a Constitución para limitar a débeda do Estado.
Tras a queixa dun avogado español ante a negativa do BCE a revelar o contido da carta que enviou ao anterior Presidente do Goberno Rodríguez Zapatero hai un ano, o Valedor do pobo Europeo presentou a Decisión que revela un dos segredos mellor gardados da crise da zona euro.
Segundo a investigación do Defensor, Fráncfort recoñeceu a existencia daquela comunicación "estritamente confidencial do presidente do BCE ao Primeiro Ministro español" e admite que nela se expresou "a preocupación do BCE pola situación extremadamente grave e difícil (nese momento) da economía española". E que invitou o Presidente do Goberno a "aumentar o potencial de crecemento [da economía española] e garantir o saneamento das finanzas públicas".
Non obstante, esa carta "non" pedía ao Goberno español que modificara a Constitución para introducir un límite máximo da débeda pública, segundo a Decisión de Diamandouros, quen asegura ter tido acceso ao documento que provocou un pacto entre o Goberno de Zapatero e a oposición do Partido Popular para a reforma da Constitución no artigo 135", que prohibiu a todas as administracións públicas incorrer nun déficit público estrutural superior ao establecido pola Unión Europea.
O Valedor do pobo Europeo pechou o caso e concluído que divulgar a carta "podería poñer en risco os intereses en xogo", porque contiña información "moi sensible" sobre "diversas debilidades graves da economía española". Se ben recibiu o consentimento do actual presidente do BCE, Mario Draghi, para revelar ao reclamante que "a carta non suxería cambios na Constitución Española".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.