Por que o chaman capitalismo cando é canibalismo puro e duro. Comémonos uns a outros sen solución de continuidade como solución á nosa permanencia, valla a rebundundancia, que diría Martes e Trece.A competencia éo todo no mercado, pero pode levarnos á nada. Queixámonos dos recortes que veñen do Estado, pero son peores aínda os que impón o consumidor privado no seu tráfico comercial habitual. De seguir así, non nos fará falta ninguén para escravizarnos. Escravízannos e escravizamos para escravizar.
Nós sós valerémonos. Por conseguir un traballo, por arrebatar un cliente chegaremos a ofrecer os nosos servizos gratis, se tal cousa non acontece xa. Esta espiral do aforro vai camiño de converterse nunha busca desmedida do custo cero e como toda busca á desesperada, xa cabe imaxinar que camiño levará. Rematará, paréceme, como a do beneficio desorbitado, rebentando. Todo depende do grao de desespero do persoal.
Un rebaixa a oferta, outro a mellora aínda máis e o cliente séntese seguro no seu papel de hostigador dende o mostrador. Todo lle sorrí. Na adquisición de calquera ben ou na contratación dun servizo míranse prezos, e está ben que así se faga, pero home, sen abusar. O prezo éo todo; o de menos, o contido. É entendible ata certo punto, pois as economías domésticas dan para o que dan e a medida que reciben menos tratan de aforrar máis.
Pero se todos entramos nesta tola carreira de reducir ao máximo, non nos queixemos entón dos recortes que fai o goberno, por máis que este sexa o principal culpable. Que facer entón. Non o sei, pero apertar o colo do veciño nunca foi o mellor remedio para evitar a asfixia propia. Outra cousa é que se trate de que perezamos todos, sen posibilidade de salvación para ninguén, nin sequera daqueles que poderían facer algo por salvar o resto. DOREMA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.