domingo, 30 de setembro de 2012

OS POLITICOS

Rosa Montero
Os nosos políticos non son os únicos culpables, pero forman parte do problema. Hai que cambialos! Probemos cun sistema electoral maioritario e listas abertas.
Aumenta día tras día a desconfianza cara aos políticos; e crecen tamén as voces de alarma que sosteñen que falar sempre tan mal deles conduce á ruptura do sistema democrático. Teñen o seu punto de razón e é certo que a credibilidade do sistema está en xogo. Como eu penso que a democracia é sen lugar a dúbidas o mellor marco social, quero dicir aquí que a min os profesionais da política me parecen extremadamente respectables e necesarios. O que non me gusta son estes políticos, ou a forma de facer política que se implantou neste país. Fai pouco, César Molinas sacou un artigo demoledor  que foi criticado ferozmente, proba de que puxo o dedo nunha chaga, e que, entre outras cousas, vén a dicir (tradución miña dun texto longo) que os nosos partidos se converteron en empresas dirixidas ao lucro dos seus socios, en contra do interese xeral e con negocios vidrosos (e non vexo espírito de emenda: mira Eurovegas e o megaparque catalán). Gabriela Cañas, noutro grande artigo, fala do peso da sociedade mediática. Certo: nas democracias avanzadas os partidos aseméllanse cada vez máis, e a mensaxe foi suplantada pola pura aparencia. Non importa o que se fai e nin sequera o que de verdade se di, senón o slogan, a imaxe comercial, saír nos medios; por iso os partidos son cada día máis sectarios, porque, sen contidos que discutir, só cabe a adhesión irracional do seguidor. A este mal, que é común, nós engadímoslle o toque cañí do pelotazo. En fin, os nosos políticos non son os únicos culpables, pero forman parte do problema. Hai que cambialos! Probemos cun sistema electoral maioritario e listas abertas.

1 comentario:

  1. Que es una campaña política sino un esfuerzo concentrado para quitar a un grupo de políticos que son malos, y poner a otros que se cree que son mejores. La primer conclusión, creo que siempre es atinada; la segunda, es ciertamente falsa. Porque, si la experiencia nos enseña algo, es esto: que un buen político, en la democracia, es tan impensable como un ladrón honesto.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.