mércores, 17 de outubro de 2012

CONTROL E MESURA

As restricións e limitacións nos gastos, no económico, son xeradoras de sufrimento no benestar cidadán, no social. O corpo social segue, sorprendentemente, aguantando unha dor extrema sen sucumbir á tentación de arrincarse de raíz o tratamento e saír en busca do envenedador. Isto débese, a que todos chegamos coa mesma cegueira a esta situación. Somos todos un pouco ou moi responsables e dános vergoña queixarnos. Mentres a nosa sociedade sinalaba a tal ou cal grupo de inmigrantes como delincuentes habituais, os nosos concidadáns da política e a banca roubábannos e enganaban, riámoslles as esculturas e os aeroportos de cidades pantasma; congratulabámonos de chegar media hora antes nun tren AVE que non lle fai falta a case ninguén porque non serve máis que para ter máis tempo para tomar unhas canas antes da mesma reunión de traballo que terías se vas no Talgo; comprabámoslles confiados -aínda que por eles aconsellados- os seus produtos "estrela" na sucursal; superabamos en prezo e calidade o coche do noso cuñado aínda que o gañase o dobre.... hai moitos cómplices por cegueira e avaricia entre os cidadáns da pe, fomos moi escravos da vaidade.
Pero o certo é que hai hoxe día máis imputados políticos afiliados a partidos que colectivos sobre os que sempre chisteamos e foron estigmatizados pola súa rebeldía social, como os xitanos. Estes cada día son máis honrados e integrados e moitos políticos cada día máis corruptos, deshonestos e dispostos a "desintegrase" nas Bahamas e desaparecer da vista dos que arruinaron... ¿como lle diremos ao pobo que aguante as duras restricións mentres os que abusaron seguen impunes ou saen con leves fianzas e pronto desaparecen da vida en quen sabe que paraíso fiscal afastado? ¿quen e onde levaron tantos miles de millóns de euros que tan ben virían para mover a nosa economía interior?....
Non será xa que logo difícil que o corpo social, a cidadanía española soporte as restricións pois todos sabemos que hai que controlar o gasto despilfarrador público e hai que pagar polo vanidoso e torpe malgasto privado, pero se non se pon tamén un intelixente control a estas restricións, se non se realizan con mesura e períodos de tensión e relaxación alternos, existirá perigo de sublevación.
Aceptemos que na situación na que estamos débense aplicar medidas, pero saibamos o corpo popular só soportaraas se ve xustiza á súa ao redor e se estas medidas aplícanse con mesura.
Control e mesura nas medidas restritivas, non só na súa temporalidade se non tamén na súa forma e xustiza equilibrada e cabal, exposta publicamente e sen trampas nin favores, como bálsamo para aceptar o sufrimento.

1 comentario:

  1. No me gusta el modo en que Europa está enfrentando esta crisis. Pero Europa no es el problema de España. Nuestro problema es una clase dirigente (políticos, empresarios, sindicalistas, etc.) que ha apostado a la ganancia fácil, llámase burbuja inmobiliaria mediante endeudamiento, y una ciudadanía conformista que sigue respaldando a los dirigentes que causaron el problema. El ahorro de otros europeos vino a nuestro país, pero en lugar de ser invertido en mejoras de la productividad, educación, o en empresas con capacidad exportadora, lo invertimos en pisos. Además, pisos de mala calidad que arruinaron el paisaje de nuestras ciudades. Europa es una gran oportunidad para España: un mercado abierto de 350 millones de personas. Aprovechémoslo.

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.