Onde estamos a chegar no noso país? Decenas de persoas furgando nos colectores, buscando comida; millares de familias vivindo da caridade que lles ofrecen Cáritas, Cruz Vermella e outras entidades benéficas; centenares de familias con todos os seus membros no paro e sen prestación económica ningunha; decenas de familias monoparentais sen apenas ingresos económicos e o que é aínda peor miles de nenos pasando fame, en moitos fogares do noso país.
Vergonzoso, acaso estamos a vivir nunha sociedade carente de valores, e onde xa non respectamos nin pensamos un pouco nas persoas que se encontran no noso ámbito? Que fan os nosos responsables políticos dando paus de cegos ás contas públicas e recortando dereitos sociais, nuns momentos en que tería que ser todo o contrario? Mentres todo isto sucede os ricos son cada vez máis ricos e non achegan absolutamente á sociedade.
Por outra parte, os demais mortais teriamos que ser máis conscientes do sufrimento e as carencias de millares de familias humildes do noso país e apoialos, arrimando o ombro en vez de irnos de vacacións, aproveitando as pontes e gozando dun ocio activo, colaborando en labores sociais, comunitarias ou de simple acompañamento con esas familias, trasladándolles apoio e ilusión para que teñan forzas e sigan loitando por un mundo mellor para todos. Jose M. Pena

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.