xoves, 11 de outubro de 2012

ONDE ESTÁ A GAIVOTA?

O noso querido 009 elixe un "look" afastado de Mariano Rajoy e apartado da gaivota que, como se sabe é un bicho preeiro... tampouco aparecen as siglas do "PP", o partido de Fraga, Romay, os sete magníficos trufados dos cen mil fillos da UCD e uns cantos bendicidos pola xerarquía eclesiástica.
O 009, fiel á súa anterior campaña onde, emulando o axente 007, igual collía a mangueira para apagar incendios que disputaba os seus rivais por ir en iate, preséntasenos agora por terra, mar e aire percorrendo o mundo mundial para prometer aos galegos de fóra o que nos nega aos que aquí pagamos impostos: saúde, diñeiro e amor.
Por aire no jet dun millonario chamado "Paxariño Novo" (o avión non o multimillonario) co que (o rico, non a aeronave) intercambiou, polo ben de Galicia, opinións para negocios de limpeza, agrícolas e gandeiros que moi ben pode ter futuro en calquera dos polígonos que sementou Fraga. Insisto: paxariño que non gaivota. E é que coñecen o dito de "gaivotas a terra, mariñeiros a merda"?; pois imos ao porto.
Alí a anteriormente coñecida como Xunta de Obras do Porto e agora Autoridade Portuaria abriu as súas portas para que o candidato Feijóo anuncie investimentos a mans cheas, aínda cando cabree, por sétima vez, á Xunta Electoral Provincial, pois está feo mesturar propaganda con actividade institucional.
Pero é tan emocionante volver á JOP para recordar tempos: de alí cobraba Crespo, o do cinto, presidía Puertos o hoxe alcalde Negreira e o candidato Feijóo era a man dereita de Fraga.
E chegados a este punto temos que recordar as trampas que nos tenden algúns políticos en campaña electoral: se te enganan unha vez, cabréante. Se son dous, póñente a cen... pero se son máis é que es parvo.
Tómannos por parvos?
Baixa o emprego, recórtanse os servizos sociais, inténtanse acernar os dereitos cívicos e o príncipe de Asturias xelea aos nosos empresarios para que axuden a Panamá
Non se decatou de que os nosos patriotas de lata se levaron noventa mil millóns de España en busca doutros mercados?
Ollo ao voo da gaivota.

1 comentario:

  1. Imaginense un partido tan malo que hubiera que cambiar a todos los jugadores de ambos equipos en el descanso, podría ser así la situación política actual, lo malo es que lo hay en el banquillo es tan penoso como lo que está en el campo. Seguramente sería mejor poner a dos equipos diferentes y mandar a todos estos a buscarse otro empleo

    ResponderEliminar

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.