Na práctica, somos un país invadido por tropas estranxeiras, un país cuxas autoridades locais, vendidas ao exército invasor, fan o traballo sucio do sarxento chusquero no exército de sempre.
A linguaxe cotiá deveu nunha crónica de guerra. A semana pasada caeu Ricardo; este luns feriron a Xosé; hoxe mesmo, alguén viu a Antonia mendigar con disimulo na porta dun restaurante caro. Un grupo de familias foi vítima dunha emboscada de Bankia. Caen como moscas, pois os que non perden o traballo ao pisar unha mina antipersoal, perden a casa ou a saúde ou a cordura. Aos caídos non se lles entrega ningunha medalla ao mérito, non se lles renden honras, non se fala do eficaces que foron na súa actividade, nin da súa boa disposición, nin do seu compañeirismo. Ninguén coloca unha bandeira sobre os seus cadaleitos á vez que unha banda de música ataca un tema patriótico.
Entre tanto, e como en todas as guerras, os xenerais, plácidamente acomodados nos seus despachos con moqueta, colocan banderitas sobre os mapas dos territorios conquistados mentres degustan un coñac. Os xenerais desta conflagración non levan uniformes de campaña nin botas de montar nin gorra, tampouco falan o noso idioma, os nosos idiomas. Son xente vestida (ou disfrazada) de civil cuxos cuarteis xerais están en Nova York, en Berlín, en Bruxelas, desde onde, grazas ás novas tecnoloxías, vennos a vostede e a min atravesando as pantallas dos seus monitores, como formigas camiño do traballo, e deciden liquidarnos economicamente ou tendernos unha trampa financeira mortal.
Na práctica, somos un país invadido por tropas estranxeiras, un país cuxas autoridades locais, vendidas ao exército invasor, fan o traballo sucio do sarxento chusquero no exército de sempre. Un teatro de operacións, en fin, de aparencia democrática, no que non corre o sangue nin se amontoan os cadáveres, pero no que cada día son expulsados fora do sistema, que é tanto como dicir fóra da vida, miles de inocentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.