sábado, 24 de novembro de 2012

SEN NENOS

Esas beirarrúas polas que volviamos da escola están agora cheas só de avós
Un país con poucos nenos é triste. Unha sala de cine baleira tamén o é, aínda que non sexa comparable o dramatismo dos dous escenarios. Os nacementos decrecen en España. Nas razóns para este descenso interveñen o aumento da emigración e o descenso da inmigración. Pero nas análises que se fixeron desta mala noticia -mala, nun puro sentido económico; mala tamén en canto a que provocará decadencia social- non encontro que se contemple un dos temores que dende fai xa uns anos paraliza a vontade de ter descendencia: ¿é este o mundo que desexo para un fillo?, ¿poderei facer fronte á súa educación?, ¿perderei o meu traballo?, ¿terei diñeiro para unha canguro?, ¿cantas horas poderei estar coa criatura? As parellas rumían todas esas cuestións. Hai os que poden independendizarse, tamén os hai que o conseguiron, pero o que gañan non lles dá para ter familia. A pregunta é como llas apañaba a xente na época da fame, por exemplo. Naturalmente, os fillos viñan en moitas ocasións cando menos se lles esperaba. Non había planificación familiar e o sentido da independencia e a intimidade nun fogar eran distintos. Xa non somos como eramos.
Cando volvo ao meu vello barrio non podo evitar que me invada o pesadume: non hai nenos. A armazón urbana nacida do optimismo social dos sesenta cambiou. Esas beirarrúas polas que os nenos volviamos da escola están agora cheas só de avós. Iso é o triste: só hai unha idade, a terceira. Recordo que os venres decenas de nenos faciamos cola para a sesión dobre infantil do cine. O espectáculo eramos nós. Aqueles cines xa non existen. Para colmo, a Comunidade de Madrid anuncia que se remata iso de que os avós paguen só un euro os martes nas salas. Ou sexa, que uns non nacerán, e outros se van morrer de aburrimento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.