xoves, 6 de decembro de 2012

OS BANQUEIROS NUNCA SON CULPABLES

O máis triste de toda esta situación é que sempre pagan os máis débiles, o último chanzo, o que depende dunha simple nómina: o traballador; que nunca ou case nunca puido tomar unha decisión máis que elixir o fondo de pantalla do ordenador.
Os directivos, os que tomaban as decisións, os que xestionaban, os dos grandes soldos, axudas e outras prebendas ligadas ao cargo, eses nada: vanse de rositas coa conta corrente saneada e o piso asegurado.
Ben é certo que moitos españois se meteron en créditos arrepiantes, atraídos pola festa da barra libre. Créditos que apenas cinco ou dez anos antes xamais se terían concedido.
Entón por que se prestou diñeiro de forma tan irresponsable?
Quen permitiu que se prestase o diñeiro?
Quen concede os créditos?
Por que non se controlou, como se fixo sempre, o fluxo do crédito e se permitiu burlar unhas normas que regulaban as prestacións financeiras e bancarias?
Nesas respostas están os verdadeiros culpables, os maiores responsables do desaguisado no que estamos metidos. Pero é máis doado dicir que os cidadáns viviron por enriba das súas posibilidades, e esa ignominia de que "que teña débedas que as pague". Hai que foderse.
E o peor é que esa mensaxe cala entre moitos cidadáns e fan responsable o debedor e exculpan o acredor. Ai, a ignorancia...
Levamos xa cinco anos na lama sen tocar aínda fondo. Aínda nos quedan un par deles para facelo. Para tocar fondo.
Cantos cadáveres son necesarios debaixo dos nosos pés para poder tocar fondo canto antes?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.