As pegadas que deixa a mala política na natureza son feridas que non as cura nin Deus.
Non se rematou o mundo, pero están a punto de cargarse os parques nacionais en España. Por exemplo, o Garajonay, en La Gomera, é un universo en si mesmo. Cun ecosistema único, o de laurisilva, unha reliquia dos antigos bosques, un verdor tenaz que non se apagou en miles de anos. A declaración de parque, hai 25 anos, salvou este paraíso da ameaza de extinción. O cambio climático, ese si, non é unha coña profética, senón un auténtico proceso bélico contra a natureza, aínda que algúns só tomaránllelo en serio o día en que teñan que saír mergullándose do Congreso, sorteando como escollos os tomos de memorias de Aznar e as estatuas flotantes de Botero.

O caso é que o Garajonay e os outros parques canarios, a Caldeira de Taburiente ou o Teide, declarados Patrimonio da Humanidade, emiten chamadas desesperadas de auxilio. O presuposto de conservación para 2013 reduciuse nun 75%. Isto non é un recorte: é unha talla con efectos irreversibles. As pegadas que deixa a mala política na natureza son feridas que non as cura nin Deus. Pero a inquietude xa afecta a todos os espazos protexidos. Elimináronse por parte do Ministerio de Agricultura e Medio todas as axudas para os municipios onde están situados os 14 parques nacionais. Eran cantidades mínimas, pero imprescindibles para implicar as poboacións na protección. Pois tamén iso tallárono. E cando se elimina algo necesario acábase enchendo de cousas malas. Como se encherán os litorais aínda virxes, despoxados de toda defensa, convertidos en cebo para outro episodio de terror urbanístico. A propia terra é maltratada e violada como unha colonia. Os 14 parques nacionais son o noso mellor patrimonio. Deberían ser espazos sagrados. Cando os Gobernos non respectan iso, xa non respectan nada. Nin a liña de praia, nin a da vergoña.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.