Hoxe é un día especialmente negro para o PP. Tamén o é para España. O de Bárcenas, o da Gürtel, o dos innumerables casos de corrupción duns e doutros, pero hoxe toca (pola súa gravidade) falar da do PP demostran ata que grao está podrecida a vida pública neste país.Mostra de forma clara e obxectiva como "se o están a levar en cru". A liña do coñecido (que é a punta do iceberg, que vai de Baleares con Matas and company, ata a comunidade valenciana e Madrid e pasa por Galicia, demostra que é un saqueo sistemático e organizado do país, coa "escusa" do partido. Os delincuentes dedícanse a infectar e a perverter todas as institucións do estado. Se estes criminais (porque isto son, e non outra cousa) chegaron ata aquí, ata onde non se terán infiltrado os cárteles da droga...etc. ¿Como pode sobrevivir un país nestas condicións?
Por último un caso especialmente sangrante, cruel e terrible que demostra a que grado de depravación están a chegar os que gobernan este país (e non sabedes o que me doe ter que admitilo). ACABAN DE AMNISTIAR A UN ASASINO que farto de copas (e seguro que doutras substancias) se meteu en dirección contraria e ASASINOU A UN RAPAZ DE 25 ANOS. "Solo" caéronlle 13 anos (cando merecía moitos máis) e resulta que o indultan aos 10 meses... É acojonante a indignidade e a impunidade destes tipos!. ¿Quen defendeu iso no Consello de Ministros?. Dicía Gallardón que el non sabía nada. ¿O ministro de xustiza non sabe que se leva a petición de indulto ao Consello? ¿Non a levou el? ¿O Consello de Ministros non foi informado de que a cantidade de informes negativos que tiña?. QUE HAI DETRÁS, QUEN ESTÁ DETRÁS deste atropelo salvaxe á razón e á dignidade.
¿É que se volveron tolos todos en Moncloa? ¿Cren que teñen patente de corso?.
Igual que foi decisiva a presión para que o tal Güemes, que xa demostrou "quen é e para o que vale" tivese que renunciar ao seu "cargo", o mesmo hai que facer para buscar os responsables últimos do indulto para que se vaian para casa. Igual que non abonda con que Bárcenas "se fose" do PP senón que con el téñense que ir outros moitos que sabían o que facía, consentían, ordenaban...etc.
Agora queda claro que isto é a Filesa do PP e polo tanto hai que ir a saco a por eles.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.