Non poderemos dicir que o Goberno conseguise endereitar os indicadores. Non polo menos coa forza suficiente como para que os prognósticos sexan revisados á alza e non á baixo como segue sendo común. Pois vostede dirá o que queira, pero como no chiste, o propietario do loro pregúntalle ao do buho que presume das habilidades do bicho: pero... ¿o teu animal fala? Falar non fala, responde o do buho, pero atende con moito interese. Ao Goberno non lle falta optimismo, e se hai uns días foi o Ministro de Economía o que falaba de creación de emprego no último trimestre de 2013, onte correspondeu ao Director Xeral do Tesouro. Segundo o alto funcionario, o Tesouro está nunha posición "moi confortable" e di, desmentindo os cálculos de que antonte presentaban economistas do Lloyds Bank, que non é que sexan os máis listos (houberon de ser rescatados) pero son ingleses, que a institución -o Tesouro- prevé unhas necesidades inferiores nun 8% ás de 2012.
Quizais resulte que o buho é un loro, e finalmente fale, pero ata onde chegamos os observadores, o que vemos é buho, non loro. E como vemos buho, non imos repetir como loros o que o Director Xeral do Tesouro nos soltou, que repito por se acaso non o captou ben: o Tesouro está nunha posición "moi confortable", tanto que confía en que poidan cumprirse as necesidades de financiamento sen recorrer á petición dun rescate.
Non é que a cousa estea para bromas, pero polo menos habemos de recoñecer que hai un virus novo que se estende polo Goberno, que como no caso do sector eléctrico, se fai falta que desapareza o déficit de tarifa, non se presuposta e punto. Non sexa que nos quedemos curtos de optimismo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.