Despois deste pasado ano catastrófico para a sociedade española e boa parte da sociedade europea, e dun aínda peor que se aveciña, quixera dar as grazas máis sinceiras a todos eses colectivos e persoas individuais, que van dende o persoal sanitario aos educadores ou funcionarios, pasando tamén por eses colectivos e entidades que loitaron e loitarán este ano 2013, aínda a custa de arriscar unha parte de si mesmos, contra os desafiuzamentos e todo tipo de inxustizas, coa finalidade de intentar manter o escuálido estado de benestar que temos, non un estado de caridade ao que nos queren levar.
Así mesmo, e ante a mediocridade ou miopía (interesada ou non) da nosa clase política e económica, e mesmo dos nosos intelectuais que calan de forma clamorosa diante destas políticas nefastas que tenden a anularnos como sociedade moderna, o meu máis sinceiro recoñecemento a todos os articulistas que, dende todos os diarios independentes, nos ofrecen cada día a posibilidade de ter unha perspectiva bastante aproximada da crua realidade que nos rodea. Bo exemplo diso é o estupendo artigo publicado o xoves pasado no PAIS, do catedrático de Socioloxía Enrique Gil Calvo, artigo que encontro dunha clarividencia extraordinaria ao abordar as posibles orixes da crise sistémica ou cambio de ciclo que estamos a atravesar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.