sábado, 19 de xaneiro de 2013

HAI ESCANDALO PARA "RATO"

Como xa díxose por activa e por pasiva, a fichaxe do exministro Rodrigo Rato por Telefónica podería ser comprensible noutras circunstancias, pero nunca nas actuais. Dito en román paladino: Telefónica equivócase ao fichar a Rato. É un home cunha longa traxectoria no mundo económico, pero o problema estriba en contratalo agora, canto está imputado polo caso "Bankia". A sensación que queda é que o Goberno intenta compensalo polos últimos contratempos a través da compañía á que sempre se recorre para facer favores nas alturas.
En canto se coñeceu a noticia, as redes sociais foron un clamor en contra da decisión. Telefónica debería ter esperado polo menos a que se resolvese a situación procesual de Rato. Non sei se César Alierta, presidente de Telefónica, lle debe algún favor ao seu vello amigo e valedor, pero dende logo acudiu con prontitude ao seu rescate, ao contratalo como asesor de Telefónica en Latinoamérica e Europa, pero, con todo e con iso, Rato continúa imputado.
Pero se de ben nacidos é ser agradecidos, non esquezamos que Rato, no seu día, impulsou o nomeamento de Alierta en Tabaqueira, Telefónica e IAG. Outro matiz: Rajoy xa deixou clara a grupos do Ibex que apoiaría unha saída digna para Rato. Outro detalle: Telefónica omite no curriculum de Rato a presidencia de Bankia.
A fichaxe de Rato contou co plácet do Goberno e anunciouse en Reis para evitar que tivese repercusión. Mentres, os especuladores tomaron Bankia e os brokers sacan tallada da acción afundida entre protestas dos preferentistas.
Un exemplo de indignado, nas redes: Voume a por tabaco antes de que fichen a Rato no estanco do pobo". Eu, pola miña banda, reproduzo unha letrilla do clásico: "Perpetuos véndense oficios, gobernos, que é dar á vila ladróns eternos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.