sábado, 5 de xaneiro de 2013

MÁIS DO MESMO

Ao comezar o ano invádenos unha onda de ilusión, é como un intento dun benestar que pode que faga realidade todo aquilo que desexamos que suceda. Non obstante este ano as cousas son diferentes, imos perdendo a ilusión e, o que é peor, a esperanza. O motivo está máis que xustificado porque os gobernantes seguen coas súas ideas delirantes de mandarnos a todos ao paro, con fixación na prima de risco que a nós non nos importa nada e, coa axuda aos bancos que foron unha parte importante en toda a crise que se instalou, creo que por algúns anos máis.
Este ano traerá máis paro en todos os sectores, con recortes masivos nos nosos dereitos fundamentais, con máis inxustiza social, con grandes desigualdades e desaparición da clase media, con máis subas de impostos directa ou indirectamente, con maiores prezos da luz, do gas, do transporte, da comida, de todo; abarataranse os despedimentos, pecharán medianas e pequenas empresas e o nivel económico dos cidadáns derrubarase. Ese é o plan do goberno para este ano e, creo que nada máis tomar as uvas haberá que apagar a luz porque subirá o que non imaxinamos.
Non adoito ser unha persoa pesimista, en realidade non serve para gran cousa, pero con este goberno non hai forma de ver algo positivo. Agora vexo situacións de pobreza que xamais coñecín antes, cada día novos problemas novas situacións de conflito social, non hai ningún sector que non teña motivos sobrados para protestar e, mentres o noso goberno preocupado por cousas que non nos sacarán da crise nin en vinte anos.
A estas alturas todos sabemos que o Sr Rajoy incumpriu todas as promesas electorais que lle levaron ao poder, sabemos que só eran palabras cara á galería para confundir e alcanzar o obxectivo de gobernar custe o que custe, sabemos que as súas medidas tan anunciadas no parlamento e nos seus mitins non existían, que eran palabras ocas. Nós deberiamos de darlle toneladas de carbón por reis, deberiamos de protestar cada día por tanta incompetencia, e deberiamos de forzar a súa saída do goberno, porque co ritmo que leva deixará de haber sanidade pública á que está a deixar morrer, deixará de haber un ensino público de calidade que xa está a agonizar, non haberá xustiza máis que para os que poidan pagala, os salarios serán miserables e as xornadas laborais de escravitude e, ademais veremos o goberno sen intención ningunha de cambiar a nosa situación. O ano que vén só veremos máis do mesmo, desta política sen investimentos e dunha austeridade asfixiante, que nos levará polo camiño do derrotismo, da desigualdade, da miseria e dun empeoramento cara a un paro xamais visto. O peor é que dentro duns anos estaremos a sufrir as consecuencias deste pésimo goberno, o peor de todos sen dúbida ningunha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.