martes, 8 de xaneiro de 2013

O CAOS DO BANCO DE ESPAÑA

A Asociación de Inspectores do Banco de España denuncia agora nun informe a actitude do supervisor de Cibeles ante as malas prácticas. "A forma habitual de reacción ante os indicios de delito é mirar cara a outro lado", revela o último punto do documento que analiza o diario El País. Con independencia de que a súa acusación chegue tarde, non por iso perde valor nin importancia; máxime cando a súa denuncia non só deixa en mal lugar ao Banco de España, senón tamén á banca e á clase política, cuxas inxerencias no supervisor tamén saen a flote. Suponse que un dos episodios máis graves e máis lamentables da historia económica de España -a caída do sector financeiro, con graves consecuencias para aforradores, empregados e contribuíntes- non se saldará co silencio, nin terá que agardar durante anos o xuízo dos historiadores. Se estivésemos en Estados Unidos non habería dúbidas, pero en España calquera sabe, polo que convén estar atentos ao que pase.
Casos como o de Bankia, as millonarias indemnizacións a ex directivos de caixas de aforros, o caos financeiro da Comunidade Valenciana, a desaparición de bancos históricos -entre eles o Pastor- ou o escándalo das preferentes suxiren que o descontrol do sector era xeneralizado. E nada disto foi gratis para os contribuíntes, porque ao final o problema se lle endosou ás arcas públicas.
As caixas de aforros -máis da metade do sector financeiro español- viñéronse abaixo ante a mirada dun goberno neglixente na supervisión financeira, unha banca ansiosa por facerse co negocio destas entidades financeiras de aforro popular e unha evidente compracencia da oposición. O que agora denuncia a Asociación de Inspectores do Banco de España non permitirá recuperar todo o que España e os españois perderon, pero polo menos debería contribuír para que nada así se pode repetir e que as futuras xeracións, que seguirán pagando a factura, saiban polo menos quen foi os responsables de moitas das súas penurias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.