xoves, 14 de febreiro de 2013

CANTO VALE A PALABRA DE RAJOY

Esperanza Aguirre advirte que o presidente Rajoy "empeñou, nada menos, que a súa palabra" para facer fronte á corrupción. E a pregunta inevitable é, Que valor outorga Esperanza á palabra de Rajoy? Quizais algún día o saberemos, de momento pódese sospeitar.O propio Rajoy, sempre relativista e escéptico, ten dúbidas sobre a súa propia palabra. Ante un xornalista británico dicía "non cumprín o meu programa, peor si cumprín co deber". O primeiro é un feito verificable, o segundo é opinable. Rajoy reiterou en varias ocasións que a súa política non é a que el prefire, que fai o que lle impón a realidade, sen entrar en detalles sobre onde vive e como se comunica con esa realidade.
Virar as costas aos programas pode non ser traizón, nin sequera un incumprimento doloso ou culposo, pode ser a consecuencia dun cambio radical de circunstancias ou de ámbito, ou de erros de apreciación; en calquera caso require explicacións, que é o que o presidente non fixo. Endosar as responsabilidades ao goberno anterior forma parte da comodidade e do ritual, pero iso fíxose dende o minuto primeiro de ser oposición, dende o 2004. Esta crise sorprendeu moitos o ano 2008, pero dende o 2010 (e bastante antes) ninguén pode dicir que non se decatou; o ano 2009 foi o peor da historia e as súas pegadas son evidentes.
O deber do presidente Rajoy é explicar o que fai e por que, incluídas as rectificacións ás súas ofertas electorais. E ese traballo segue pendente e non parece que vaia abordalo. Cando o presidente Rajoy comenta, sen necesidade, ao seu interlocutor británico (que en varias ocasións lle puxo a parir) que lle resulta "reconfortante que lle fagan preguntas tan importantes", ten que imaxinar que para os xornalistas españois que lle fan poucas preguntas porque non se deixa, o comentarios se converte nunha provocación. Quen se creu este señor que é?
O prestixio da política e dos políticos, empezando polos seus líderes, está polos chans, peor que nunca, pero non parece que sexan conscientes do problema. De momento a palabra de Rajoy cotiza pouco polos seus propios deméritos, a pesar do torrente de votos e de esperanza que lle colocaron en La Moncloa, con máis poder que ninguén antes, hai só quince meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.