Os que se inventaron as OPA para absorber empresas, para enriquecer directivos, enganáronse coas preferentes para cubrir obxectivos, fallaron o Banco de España e os controis do Estado, con auditorías á carta. Aí empezou a ruína da economía social estable e de libre competencia; triunfaron os tramposos provocando a crise. Os gobernos viráronnos as costas, foron os culpables deste desaguisado. Sabido é que a cobiza é incompatible cos intereses xerais, uns poucos fixeron apropiación indebida da riqueza do pobo. Os gobernos, en vez de protexernos, botáronnos as quenllas.
Díxose sempre que o libre mercado e a competencia son bos para o ben común, pero estas prácticas destruíron o tecido empresarial, co discurso da racionalización, provocando paro e miseria, en prol da eficacia.
España tiña unha boa rede de caixas, entidades bancarias do Estado, Argentaria, Banco de Crédito Local, Telefónica, Iberia, e Paradores Nacionais en vías de privatización. As súas ganancias revertían na sociedade, sendo vendidas e tragadas por estas quenllas.
Agora, para máis inri, queren privatizar os servizos públicos, sanidade, educación, a lotaría e mesmo a beneficencia, para maior gloria e negocio dos especuladores. Triunfou a tecnocracia, iniciada en EUA con Reegan e no Reino Unido, contaxiando a toda a UE, dependendo de Washington as súas decisións. Hai que axudar aos autónomos, pequenas e medianas empresas, que crean o 90% de emprego, e evitar o risco do crack dos grandes grupos, que recollen as subvencións aquí para empregalas no estranxeiro, aproveitando os salarios de miseria.
Estes grandes grupos poñen en perigo os proxectos de equilibrio social con competencia desleal. Hai que volver potenciar o Estado sobre o poder fáctico do capitalismo salvaxe, eliminar as subvencións ás grandes empresas que teñen poder de corromper as persoas con responsabilidades nas institucións do Estado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.