Non son de estrañar moitas das cousas que acontecen no noso país tendo en conta en que nos convertemos e o modo en que nos despreocupamos de todo. Nun lugar no que cada un vai ao seu e afánase simple e chairamente por vivir o mellor que pode con todos os vicios e luxos posibles aos que poida aspirar, sen mirar o que acontece preto súa, nin no traballo, nin na veciñanza, nin sequera na familia, como non van xurdir cada vez máis e máis listos nos estamentos de poder -chámense gobernos, chámese monarquía- que pensan día e noite en como roubarnos a todos os demais, enredados como estamos nos nosos micromundos.
E esta pasividade, que nos está a afundir como sociedade e que xa se converteu en pasotismo, acrecenta esa avidez de diñeiro, que non ten fin e que roza o estrambótico. Algo lle sucedeu á clase obreira española cando decidiu deixar de loitar polos seus dereitos, mirar dende arriba aos que son o seu iguais ou botarse no sofá a ver o fútbol, o 'Sálvame' ou pasar o día en ascuas polo nacemento dun neno que non ten máis mérito que ser o fillo dunha cantante e un futbolista.
Onte mesmo, os pacientes de cancro alertaban das trabas que se están a encontrar na Sanidade pública para acceder a certos tratamentos e fármacos. Pero, a quen lle importa? Eles non son a noticia do día nin vano ser. Como enfrontarse ao 45 aniversario do príncipe? Difícil está o remedio. Aquí, máis que poñernos as pilas precisamos un autoxerador. Ana López

Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.