martes, 5 de febreiro de 2013

O PP ESTÁ PODRE

É a consigna de todo culpable, negalo todo, aínda que teñan probas fidedignas de culpabilidade, non de "presunta" culpabilidade, pois ás probas me remito, pero a eles lles dá igual, seguen mantendo a cabeza a flote, promulgando a súa inocencia, honorabilidade e honradez, cando todos sabemos que son culpables, deshonestos e deshonrados, pero se aferran a unhas leis modificadas por e para eles, para así engordar os seus patrimonios e contas correntes.
Todo aquel que se mete en política enriquécese ao cabo duns anos, dá igual que sexa unha persoa pouco importante, cando remata a súa lexislatura teñen un patrimonio que cuadriplica, como pouco, os seus bens anteriores, iso é "vox pópuli" e estámolo a vivir cada día, non teñen ética profesional, nin o  espera nin coñécella, nin moito menos ética humana e persoal, menten como canallas, só se teñen encumbrado para crearse un oco nas grandes compañias cando deixen de gobernar, e os verdadeiros problemas e dramas sociais impórtalles un pito, eles van ao seu, salvar á banca, cando todos sabemos que son os culpables desta crise, salvar os seus cus, estómagos e salvar os seus amigos empresarios, con leis favorecedoras, salvar aos corruptos, salvar os defraudadores de grandes fortunas, co beneplácito de Merkel e demais afíns, mentres haxa un traballador que poida seguir manténdoos, tanto a eles como aos seus acólitos, familiares e amiguetes, que dá igual que estéan ou non  capacitados para o posto ao que o colocan, o caso é acaparar e manter un status, sen minguar os seus beneficios, para pagar e render contas xa estamos a "borregada" e perdón pola expresión, non pretendo ferir a ninguén honrado e traballador, pero isto é así, unha pena de país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.