domingo, 31 de marzo de 2013

O EURO XA NON É FIABLE

Meses de preguntas de aforradores e investidores sobre se podería desaparecer o euro e que pasaría nese caso cos seus aforros recibiron estes días resposta. Só para quen estea disposto a escoitala. Desaparecera o medo, aínda que era calma de pouco fiar. Aqueles que decidiron trasladar parte dos seus aforros a Alemaña, non encontraron nunca o meu entusiasmo. Se de alguén non é prudente fiarse é de Alemaña, salvo que se goce de pasaporte deste país, e aínda así. A metade dos alemáns temen polos seus aforros.
Despois do de Chipre, cos bancos pechados, incautación de depósitos e restricións de movementos de capital, case todas as preguntas que asaltaban os aforradores cada mañá, teñen xa resposta. E é desafortunadamente simple: na Eurozona (EZ) case todo é posible, e polo tanto, o euro non é fiable; salvo que Chipre o abandone.
Chegou o tempo de elixir entre o malo e o peor, e ao euro sóbralle a parte de Chipre, e seguramente algunha máis. ¿Por que se mantén entón a pesar de todo? Difícil adiviñar máis razón que a incapacidade do sistema financeiro europeo para soportar tal decisión. Se non fose porque as débedas de Chipre están baixo xurisdición da lei británica, o país estaría ás portas de abandonar o euro. Non hai ningún motivo económico interno que xustifique que o axuste da economía do país se vaia facer mediante unha depreciación interna en lugar dunha depreciación monetaria de máis eficaz e rápido resultado. Por que sufrir? Pola supervivencia de Chipre, pero tamén do euro, hai que empezar a sacar países. Chipre, Grecia, Eslovenia... poden ser os primeiros candidatos. Alemaña decidirá o momento, pero cada vez as dúbidas sobre que tarde ou cedo acontecerá algo disto serán menores. Acaso non era máis difícil de imaxinar un control de cambios, ou a incautación de depósitos? A verdade é que non, son só pasos no proceso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.