venres, 22 de marzo de 2013

O PODER

Advirte José María Aznar de que a clase media española se está a deteriorar. E faino culpando diso os que non comulgan coas decisións dos populares ante a crise económica. «É insán», queixábase onte cando falaba das críticas.
E é que o expresidente é da opinión de que quen ten o poder ten a lexitimidade. Así, sen máis. E non é consciente de que o poder é algo que se exerce de prestado, unha condición para decidir e facer e desfacer durante uns anos, e tendo en conta a opinión do pobo, mesmo daqueles que non elixiron a túa papeleta.
Habería que recordarlle que ter emitido un voto nun día concreto non autoriza para poñelo todo patas arriba nin para desoír tantas voces que se negan a perder a forza de tanto berrar. Chámanse cidadáns. Cada un sofre o seu drama particular e coñece a súa situación. Dentro desa clase media, ou burguesa ou 'x', xa conviven moitas subclases: os que foron, os que queren, os que aspiraban, os que perden, os que malviven, os que aínda soñan... Son máis que votantes; son persoas, con preocupacións e medos.
Para eles o que se deteriorou non é un estamento, senón a confianza. E en cada casa aínda quedan moitas noites en vela por chegar. E o poder non é máis que un superheroe vido a menos que estivo hipotecado todo este tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.