xoves, 25 de abril de 2013

CRECEMENTO OU RECESIÓN

Esta semana preséntasenos a todos cunha volta máis de rosca ou, se o prefiren, cun novo apertón do cinto polas novas medidas que vai tomar o Goberno de Mariano Rajoy. Novas reformas que, sen dúbida, necesita a economía española pero que se nos presenta como unha etapa máis. Xa perdemos a conta. E a impresión é de certa incerteza porque as anteriores puideron evitar danos maiores pero non supuxeron unha mellora para os cidadáns. Demóstrase que só cos axustes non de pode superar unha crise tan profunda como cruel con miles de persoas que perderon o seu traballo, o seu piso, os seus aforros e o que é máis demoledor, a confianza en si mesmo e no seu futuro máis inmediato e no de España. A opción que moitos expertos espetaron ao Executivo popular é a realización total de reformas e non de iniciativas que quedaban a medias. Seguramente optar por unhas decisións máis impopulares tería suposto un desgaste para a popularidade do goberno pero non moito máis do que supuxo quedándose a medias e sendo obrigado a adoptar novas reformas sobre as reformas anteriores.
É certo que a política económica e financeira da Unión Europea, comandada polos intereses electorais en Alemaña, non axudou nada a países como España para superar a crise. Debíase ter compaxinado un axuste imprescindible con medidas de incentivación e crecemento, pero a oportunidade electoral dos países do norte europeo impúxose fronte ás peticións do sur de medidas que promovesen o crecemento e a actividade económica. Estamos en recesión, sobe o paro e a perspectiva de lograr que a economía empece a crecer pódese aprazar un ano máis, algo que xa coñecemos de frustracións anteriores. A aposta polos autónomos e emprendedores quédase curta porque non só os mozos necesitan bonificacións para crear o seu propio posto de traballo. O emprendimiento non ten idade, é máis, a necesidade de apoio dos que teñen máis de 45 anos e quedaron no paro é maior porque, en moitos casos, son os que sosteñen na casa os mozos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.