martes, 9 de abril de 2013

NON TEN SOLUCIÓN

A resaca e o empacho que nos deixan as noticias deste presente desnudo, vainos durar moito tempo.
Quédanos cara de vinagre, un imposible repetido unha e outra vez.
E o peor é que nos afagamos aos paus, como os burros dos arrieros de antano, que recibían leña sempre, tanto se tiraban a dereita ou a esquerda.
O arriero daba leña para auto xustificarse a se mesmo, e máis se había público.
Colocando as noticias enriba da mesa, por orde de datas, coma se fosen as tiras dun comic da nosa historia, podemos ler o noso presente e mesmo predicir o futuro inmediato que nos espera.
Se ninguén o remedia, aparecen todos os personaxes postos en fila, os actores principais, os secundarios e os extras.
Vese con claridade meridiana a dirección da trama, os voceiros, os aproveitados oportunistas, as vítimas propiciatorias, os servís correspondentes. Os malos, os requetemalos, e os simples, os directores de orquestra e ata o apuntador.
O triste da película, é que non hai nunca cambio de guión, sempre o mesmo.
A mesma comedia tráxica sen posibilidade de saída do círculo vicioso, á que asiste o público coñecendo de antemán o final da representación, e o papel dos actores.
Sen ganas de dar aplausos nin asubíos, aburridos e arrepentidos de ter pagado a entrada a sabendas.
Marchando da sala entre bocexos de aburrimento pensando en que mañá espera outro día de dura trasfega e dura realidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.