Os bancos investiron en promocións inmobiliarias masivamente porque era o negocio do século deste país contribuíndo á inflación dese mercado, ao big-bang do ladrillo, ao auxe da segunda vivenda con carácter lúdico e especulativo e á masificación e á deterioración das costas. E todo iso coa conivencia de políticos untados en concellos.
Cando picou o globo da especulación a perda deses investimentos foi tal que a inxección de capital por parte do estado a través do FROB duns vinte mil millóns de euros non foi suficiente. Houbo que pedir un rescate a Europa por outros cuarenta mil millóns de euros. En total sesenta mil millóns de euros de diñeiro público. Polo tanto, Advill, non se quitou ao rico para dar o pobre. O que se fixo é converter a débeda privada dos especuladores inmobiliarios en débeda pública que pagaremos todos os contribuíntes, que xa estamos a pagar en forma de recortes. Díxosenos que non había opción, que había que rescatar á banca si ou si, cousa que dubido.
¿Mentres tanto que pasa coa perda patrimonial dos cidadáns desafiuzados ante a situación de emerxencia que estamos a vivir? Cómenllela eles enterita. Así que mercado libre segundo para quen, e intervencionismo tamén cando me interesa. Énchome o peto sen a túa intervención, pero se me arruíno págasmo ti. Agora, se quedas sen traballo quedo coa túa casa e a perda asúmela ti, aínda que sexa o único que teñas para o resto da túa vida.

Por último a economía non é unha ciencia como a física. Moitos considérana mesmo pseudociencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
-Non se aceptan os comentarios con contidos, enlaces ou nomes de usuarios que se consideren insultantes, difamatorios ou contrarios ás leis españolas.
-Non se admiten comentarios de contido racista, sexista, homófobo ou discriminatorio por razóns de nacionalidade, sexo, relixión, idade ou calquera tipo de discapacidade.
-Non se admitirán os ataques nin insultos aos outros participantes no sistema de comentarios.
-Non se admiten comentarios con contidos ou enlaces que se consideren publicidade, spam, pornografía ou material protexido por dereitos de autor.
-Alternativa Veciñal resérvase o dereito a eliminar os comentarios que non se axusten a estas normas e as leis.
GRAZAS POLO SEU COMENTARIO.